Somos unha empresa nova que naceu da inquietude e da necesidade de ofrecer unha asistencia completa e especializada no sector da industria alimentaria, especialmente aos fabricantes de embutidos e derivados cárnicos.
Neste sentido, centramos a nosa actividade en catro aspectos fundamentais:
Maquinaria. O noso departamento técnico estuda as necesidades do cliente e ofrécelle as máquinas máis modernas e actuais do mercado, axeitadas para satisfacelas.
Produtos para a industria cárnica. Proporcionamos aos nosos clientes recambios e consumibles para manter en funcionamento a súa maquinaria e fabricar os seus produtos.
Servizo técnico. Os nosos clientes teñen garantidos o mantemento e a reparación da súa maquinaria, tanto a domicilio como nos nosos obradoiros.
Maquinaria de ocasión. Para os clientes interesados, dispoñemos dun amplo stock de máquinas de ocasión, completamente revisadas, actualizadas e con garantía total.
En resumo, podemos asegurarlles aos nosos clientes que o obxectivo da nosa actividade e o noso compromiso é buscar solucións para a industria alimentaria.
Se tes dúbidas sobre os nosos produtos ou necesitas localizar un recambio específico, ponte en contacto connosco. Axudarémosche a atopar a información que necesitas.
Xestionamos todos os envíos coa nosa rapidez habitual.
Resolvemos todas as súas dúbidas a través do correo electrónico repuestockhispania@gmail.com
Pode realizar as súas compras comodamente mediante os medios de pagamento habituais.
Coa garantía de 25 anos de experiencia no sector da reparación de maquinaria cárnica.
Somos servizo técnico de marcas líderes no sector da maquinaria para a industria cárnica e agroalimentaria, así como de solucións de embalaxe, baleiro e fabricación. Consúltenos!